martes, 28 de diciembre de 2010

Felicitación



Deséxovos  unhas boas vacacións, e que o vindeiro ano 2011 sexa mellor, se cabe, ánimo e seguimos traballando.

martes, 14 de diciembre de 2010

Inserir enlaces

Con estas ferramentas, ata agora expostas, xa podemos conseguir
documentos de texto e presentacións desexables.
Falta a animación, para iso estará Xacobo, no vindeiro ano 2011.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Reunión

A vindeira reunión do 11 de Xaneiro, recolleremos o traballo feito por cada un de vós, e analizaremos os problemas xurdidos. Esperemos que para entón teñamos a aula Abalar xa en condicións de poder empregala. Aínda falta o documento que colgarei sobre a folla de cálculo: Calc .

Sorte e Feliz Ano 2011.

OpenOffice Impres

Cómo xa, a maioría facedes presentacións, é un breve repaso de cómo traballar cunha presentación.
Á volta de vacacións quero unha presentación de cada un de vós como documentación do Obradoiro (sesión do 14 de Decembro). Á volta faremos unha breve exposición.
Que non decaiga o ánimo.

lunes, 6 de diciembre de 2010

OpenOffice: Imaxes e Táboas

Presento o seguinte documento para traballar con táboas e imaxes nun documento. Creo que isto xa o controlades, pero así damos rematada a formación co Procesador de texto. Queda pendente a formación do Impress e da folla de cálculo.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

2º ExercicioOpenOffice

Seguimos con OpenOffice, leede o documento explicativo para facer o exercicio proposto ó final, de elaboración dun documento con distintos formatos de paxina, parágrafo, caracter......

EJERCICIO2

É unha ficha presentada aos coordinadores para traballar cos buscadores en busca avanzada.
Para ver mellor a presentación do documento picade na icona que pon full na barra inferior da ventá, e logo pulsade a tecla esc  para saír da pantalla completa.

lunes, 22 de noviembre de 2010

INFORMACIÓN DEBERES

Tedes 2 novas páxinas de Vídeos (Descarga OpenOffice, Ubuntu) e de Exercicios, no blogue, polo tanto, o vindeiro día 1 de Decembro, nos vemos para a formación e aclarar as dúbidas que tedes.

Un saúdo

jueves, 18 de noviembre de 2010

4ª Reunión

A Vindeira reunión, non poderá ser o 30 de Novembro, posto que teño outra de coordinadores en Narón sobre a PDI ese mesmo día, polo tanto, pasarase ao 1 de Decembro ás 16:15h . Teremos a formación sobre Ubuntu e o paquete ofimático OpenOffice.
Un saúdo

3ª Reunión

O vindeiro día 16 de Novembro, teremos a terceira reunión do Proxecto-Obradoiro, coa seguinte orde do día:

1.-Protocolo de actuación na Aula Abalar

2.-Elaboración de documento de compromiso familia-alumno do bo mantemento do ordenador

3.-Información sobre formación en Platega.

4.- Suxerencias.

Queda Pendente a formación sobre Ubuntu e aplicacións para o día 30 de Novembro.

domingo, 14 de noviembre de 2010

AplicacionesEducativas

É un enlace a unha presentación das distintas aplicaciones da Web 2.0

3ª Reunión

O vindeiro día 16 de Novembro, teremos a terceira reunión do Proxecto-Obradoiro, coa seguinte orde do día:

1.-Protocolo de actuación na Aula Abalar

2.-Elaboración de documento de compromiso familia-alumno do bo mantemento do ordenador

3.-Información sobre formación en Platega.

4.- Suxerencias.

Queda Pendente a formación sobre Ubuntu e aplicacións para o día 30 de Novembro.

miércoles, 27 de octubre de 2010

blogs e wikis

Aquí vos deixo unhas presentacións sobre blogs, wikis, edublogs.... que nos puxeron aos coordinadores do Proxecto, para que os vaiades familiarizando con estas novas linguaxes. Se queredes deixade comentarios sobre isto para ir vendo e analizando as necesidades de formación que tedes. O vindeiro Mércores, 3 de novembro nos veremos ás 16:30 h.

edublog

BLOGABALAR

presentaciónblog

lunes, 25 de octubre de 2010

jueves, 14 de octubre de 2010

INFORMACIÓN INICIAL

A pasada semana tivemos unha reunión para tratar sobre a metodoloxía a seguir, e tivemos un debate todo o tempo. ... As Tic han de ser utilizadas sempre cando vaian a aportar algo no proceso ensino-aprendizaxe, o temos todos na mente. O Obxectivo é acadar a competencia dixital na aula, aplicando unha nova tecnoloxía didáctica que integra as Tic.
Dentro dos contidos que podemos traballar na aula, teremos aplicacións en contorno web que estarán no noso servidor do colexio:  materiais de editoriais, fotografías, animacións, vídeos,...recursos educativos diversos, catalogados por materia, nivel, tipo...que os descargaremos identificándonos como usuarios autentificados. E tamén, podemos crear, cando podamos, os nosos propios contidos e actividades en Flash, Java, Ardora, Jclic, Webquest.....    
                           
Servidor:
Ordenador, dentro dunha rede, que se utiliza para almacenar información e dar servicio a outros ordenadores conectados á mesma rede, os cales fan a función de clientes., é dicir, que no centro haberá un ordenador central en rede cos da clase onde teremos e podemos ter gardados os contidos, cos que imos traballar cos rapaces, previamente, sen necesidade de ir a Internet no momento da clase.

A aula Abalar estará  formada por:
    Hardware: (parte física):  Servidor, Portátil do profesor máis  os netbooks dos alumnos, Proxector dixital, encerado dixital e a red Wifi (red inarámica de conexión a Internet e a noso contorno web) 
   Software:  (Programas):  Recursos do servidor, aplicacións do Sistema Operativo (Linux: Ubuntu), Ferramentas de Internet e ferramentas web 2.0 (web interactiva).

Esto é unha idea básica do  que estamos  a comezar.

Próximamente faremos a detección de necesidades formativas no centro.




lunes, 4 de octubre de 2010

BENVIDA

Benvida a todos os profesores que forman parte deste Proxecto (Obradoiro) Abalar, e  cómo non, participando na creación deste blog que ten como misión tratar de comunicarnos empregando as TICs, un obxectivo deste proxecto.

Ánimo  e bo comezo.