miércoles, 27 de octubre de 2010

blogs e wikis

Aquí vos deixo unhas presentacións sobre blogs, wikis, edublogs.... que nos puxeron aos coordinadores do Proxecto, para que os vaiades familiarizando con estas novas linguaxes. Se queredes deixade comentarios sobre isto para ir vendo e analizando as necesidades de formación que tedes. O vindeiro Mércores, 3 de novembro nos veremos ás 16:30 h.

edublog

BLOGABALAR

presentaciónblog

lunes, 25 de octubre de 2010

jueves, 14 de octubre de 2010

INFORMACIÓN INICIAL

A pasada semana tivemos unha reunión para tratar sobre a metodoloxía a seguir, e tivemos un debate todo o tempo. ... As Tic han de ser utilizadas sempre cando vaian a aportar algo no proceso ensino-aprendizaxe, o temos todos na mente. O Obxectivo é acadar a competencia dixital na aula, aplicando unha nova tecnoloxía didáctica que integra as Tic.
Dentro dos contidos que podemos traballar na aula, teremos aplicacións en contorno web que estarán no noso servidor do colexio:  materiais de editoriais, fotografías, animacións, vídeos,...recursos educativos diversos, catalogados por materia, nivel, tipo...que os descargaremos identificándonos como usuarios autentificados. E tamén, podemos crear, cando podamos, os nosos propios contidos e actividades en Flash, Java, Ardora, Jclic, Webquest.....    
                           
Servidor:
Ordenador, dentro dunha rede, que se utiliza para almacenar información e dar servicio a outros ordenadores conectados á mesma rede, os cales fan a función de clientes., é dicir, que no centro haberá un ordenador central en rede cos da clase onde teremos e podemos ter gardados os contidos, cos que imos traballar cos rapaces, previamente, sen necesidade de ir a Internet no momento da clase.

A aula Abalar estará  formada por:
    Hardware: (parte física):  Servidor, Portátil do profesor máis  os netbooks dos alumnos, Proxector dixital, encerado dixital e a red Wifi (red inarámica de conexión a Internet e a noso contorno web) 
   Software:  (Programas):  Recursos do servidor, aplicacións do Sistema Operativo (Linux: Ubuntu), Ferramentas de Internet e ferramentas web 2.0 (web interactiva).

Esto é unha idea básica do  que estamos  a comezar.

Próximamente faremos a detección de necesidades formativas no centro.




lunes, 4 de octubre de 2010

BENVIDA

Benvida a todos os profesores que forman parte deste Proxecto (Obradoiro) Abalar, e  cómo non, participando na creación deste blog que ten como misión tratar de comunicarnos empregando as TICs, un obxectivo deste proxecto.

Ánimo  e bo comezo.