Existen unha serie de programas que nos permiten facer acividades de tipo encrucillado, test, asociar imaxe- texto, texto-texto..etc. Un dos máis clásicos e que séguese usando é Hot potatoes: descargao dende aquí e o outro máis recente e inluso máis intuitivo é Ardora: descárgao dende aquí.
Ardora ten máis tipos de actividades diferentes, pero penso que é peor para avaliar e ter unh nota. Hot potatoes ten menos exrcicios pero é doado obter unha calificación cando os nenos fan os exercicios. XA falaremos diso na clase.
Aquí tedes un vídeotitorial sobre Slideshare, para subir, compartir e descargar presentacións en liña. Poderedes logo velas dende a páxina moodle, blogue, páxina web..etc. As presentacións en liña son moi cómodas para os que vos estedes iniciando no mundo TIC, para buscar e descargar presentaciós xa elaboradas por compañeiros de calquera parte do mundo que nos valgan para as nosas sesións na aula.
Se algo esta feito e ben... por que non empregalo?? ...ou simplemente modificar algunhas cousas que nos interesan para puntualizar algo??
Adentrádevos no abraiante mundo de COMPARTIR e AUNAMOS ESFORZOS.
Que o queredes máis paso a paso? NO PROBLEM!!
Aquí o tedes nun titorial subido precisamente a Slideshare:
Google imaxes é un potente buscador de imaxes que se atopan na rede. No verán do 2010 houbo unha mellora nas súa ferramentas de busca para predefinir o tipo de imaxes que estánse a buscar. Déixovos un pequeno vídeotitorial para que olledes as súas posibilidades:
É moi útil baixar vídeos por un montón de motivos, entre outros...por se nos quedamos son internet na clase!, para ter unha copia de todos aqueles vídeos que nos interesan. Ou para poder volvelos subir a youtube para editalos como nós queremos.
Aquí deixo tun titorial de como baixar un vídeo de calquera páxina web que albergue vídeos:
Aquí déixovos un vídeo sobre o ensino coas TIC sobre o cal tod@s deberíamos reflexionar. É unha tradución que fixen coa inestimable axuda de Luisa que pasoulle o maquinillo normativizador ao meu empeño normalizador.
os nosos super "ultraportátiles" teñen un programa para xestionar as fotos e facerlles unha edición simple, pero que normalmente chegaríanos para as nosas necesidades do día a dçia na aula. Aquí déixovos o vídeotitorial por capítulos que fixen para tal efecto:
Yputube é un portal para colgar vídeos, pero tamén permítenos crear as nosa listas de reprodución , engadir anotacións ou subtítulos. Aquí déixovos o vídeotitorial que fixen. Non vos preocupedes que verémolo na clase con calma e co voso material.
Aínda que non tiña pensado falar do programa Stellarium que está nos ordenadores dos rapaces, igual nalgún momento parécevos útil.
Eu estou dando cos de 1º da ESO o tema do Universo, polo que estámolo empregando.
Fixen un vídeotitorial para que vexades o "doado" que é manexalo: